BALLESTEROS, XOSÉ
Un divertido libro ilustrado por Eric Carle en galego con formato acartonado e cheo de sorpresas.
Un ratiño sae da súa casa á busca de alguén con quen xogar. No seu camiño atópase con colas moi diferentes (marrón, verde, laranxa,
peluda, emplumada...), pero todas elas pertencen a animais que non desexan pasar tempo con el. Tras unha longa camiñada, encontra
unha pequena cola de cor gris. Quererá o seu dono xogar co ratiño?
Unha proposta sinxela, co estilo inconfundible de Eric Carle, que nos propón o desafío de identificar os animais polas súas colas; misterio
que se resolve ao paso de cada páxina. E, como factor de suspense, un xiro final que lle dá un novo sentido ao conto.