ORWELL, GEORGE
Unha noite, cando o granxeiro Jones vai durmir, todos os animais da Granxa Manor se reunen e, liderados por un porco sabio, o vello comandante, deciden loitar en contra dos seus amos. A rebelión triunfa, os humanos son botados a couces e os porcos Napoleón e Folerpa proclaman un novo sistema social baixo a lei que declara que todos os animais son iguais. Pero as ensinanzas do vello comandante vense alteradas cando os seus sucesores chegan ao poder.