OLI
O pito Artur estaba incómodo dentro do seu ovo.
Medrara tanto que aquel cuarto se lle facía pequeno...
Dentro da casca, Artur sentíase a salvo, pero estaba
moi apretado. Xa non cabía naquel cálido cuarto de paredes
brancas, así que non lle quedou máis remedio que saír de alí.
Descubriu entón que habitaba unha parte moi pequena
dun mundo enorme e descoñecido que se abría ante os seus ollos
sorprendidos e curiosos.