OSÉS, BEATRIZ
As lagartas fixeran un curso de papiroflexia, pois querían
voar e chegar deica o sol
Aquela mañá todas se montaran
entusiasmadas no avión de papel que fabricaran nos últimos
meses
Contos como pulgas é un libro de micro-relatos
de animais dividido en catro secciós: Contos de auga,
de ceo, de terra e de noite. Entre os seus protagonistas
aparecen unha tartaruga nudista, unhas lagartas voadoras,
uns caracois patinadores ou un león con perruca. Pequenos,
poderosos, tímidos, brincadeiros
todos empatizan
cos lectores porque Beatriz Osés humanízaos con cualidades
e anécdotas tenras, humorísticas ou surrealistas.