LÓPEZ CARREIRA, ANSELMO
Esta obra compila os fondos medievais do arquivo da catedral de Ourense, que ofrecen unha voluminosa cantidade de documentos en pergamiño e en papel redactados polos notarios do cabido, na forma de diplomas soltos e, xa nos séculos XIV e XV, de libros de actas capitulares. O predominio dos contratos inmobiliarios é absoluto, pois a institución catedralicia posuía a propiedade eminente de terras e casas no termo da cidade e, incluso, en toda a diocese.