NOVO, OLGA
Con «Feliz Idade», Olga Novo tende unha mecha
desde a xeración que a precedeu á que lle segue;
entre o onte e o mañá da estirpe, alén do pasamento do pai
e da nenez da filla. Nese punto, no territorio puro e esperanzado
do presente, estes versos ofrécennos o avanzar dun lume
libertario ao que os seus lectores asistimos enmeigados e pampos.