JANOSCH
Tamén quero un casco de piloto, unha lámpada vermella
para a cama e unhas botas de pel.
Encargaremos uns traxes elegantes e iremos a unha festa
dixo oso pequeno. Un tango fino, tigre, iso sería...
Imos buscar un tesouro! dixo tigre pequeno
Moitas veces, as cousas non son como un pensa. Incluso
son ao revés!, díxolles o vello moucho a oso pequeno e tigre
pequeno cando se empeñaron en ir á procura da mellor cousa
do mundo. Cansaron de facer buratos na terra e de buscar
mesmo baixo a auga, por máis que alí só atoparon algas, peixes
e lixo. E cando por fin conseguiran os cartos que querían
para satisfacer todos os seus caprichos, volveron quedar
sen nada. Enganados e roubados, volveron á casa; ata entón
viviran moitas aventuras, tamén rifaran entre eles, e non só
coñeceran o vello moucho, senón tamén a toupa, o peixe do río,
o león dos pantalóns azuis, a pita tola e o burro Petronio.