QUINTERO LAPLUME, ARMANDO
Acababa de chover e o sol escondíase tras unha nube gris.
Bonito día para navegar, concluíu Caracol.
Decidido, bótase á auga sobre unha folla grande.
Pecha os ollos e soña que navega por un río caudaloso, ata que o seu particular barco encalla. No entanto, nesta aventura coñecerá cinco novas razóns, verdes e cantaruxeiras, para acabar a andaina máis feliz.