XOSE MANUEL SANCHEZ REI
Durante séculos, a oralidade popular das rexións setentrionais dePortugal conservou trazos fonéticos, gramaticais e lexicais quecorresponden, na actualidade, a características diferenciadoras dogalego a respecto do padrón lusitano. Os gramáticos, lexicógrafos etratadistas da metrópole lisboeta combatéronas enerxicamente xa desdeos inicios da tradición gramatical portuguesa no século XVI. Mais amaioría delas, por motivos culturais, históricos, sociolóxicos etc.conseguiu sobrevivir até aos anos finais do século XIX ou primordiosda seguinte centuria e, nalgúns casos, inclusive se mantiveron na nosa época. Laiovento congratúlase en dar a lume este estudo que aprofunda neses elementos lingüísticos considerados hoxe marcadamente galegos,e, até non hai moito tempo, tamén idiosincráticos da lingua oraldialectal do Minho e de Trás-os-Montes.