DE BOER, JOAN
Ao sultán gustáballe moito o queixo. Tiña cuartos cheos de queixos, procedentes de todas as partes; pero o palacio encheuse de ratos que comían o queixo do sultán, e os conselleiros tiveron que buscar unha solución:
Para botar os ratos, mandaron traer gatos;
para botar os gatos, traer cans;
para botar os cans, traer leóns;
para botar os leóns, traer elefantes;
para botar os elefantes, traer ratos
e así ata nunca acabar.
Este conto, de orixe árabe, encadea unha serie de sucesos que van complicando cada vez máis a historia deica ao final, en que tornamos ao punto de partida. Todos os sucesos son tratados con moito humor, e as situacións ocorrentes e disparatadas sucédense unha tras outra. As repeticións do conto resultan moi
eficaces para conectarmos cos destinatarios infantís, dado o seu carácter lúdico.
E para que a historia non resulte interminable, neste tipo de estruturas, con frecuencia, pecha a redacción unha fórmula final que subliña a natureza indefinida do relato.