LÓPEZ TORRES, CLARA
Os quince poemas de ?Os días lebre? remítennos ao pulso da vida cotiá, por veces tan intenso e fugaz, co degoiro dunha cadencia
máis pausada e serena. As lembranzas, a fantasía e unha certa cercanía co xeito de razoar propio da infancia, conforman
o universo simbólico deste diario que non segue tanto o paso
do tempo como a acumulación de emocións e de experiencias.