MONDELO, JOSE
Unha cadela que acompaña a dous cazadores descobre un cadáver nomonte. É o cadáver dunha muller desaparecida, que obriga o singularinspector Paiana a centrarse no caso. Axiña aparecen algúnssospeitosos. Pero nesta novela, ao contrario do que acostuma a suceder neste tipo de relatos, o asasinato non o invade todo, senón que queda inserido no traballo habitual e cotián dos funcionarios. Os policíascontinúan a falar das súas cousas, chancean mentres agardan a chegadada xuíza e o inspector da científica intercambia receitas de cociñacoa forense ao tempo que examinan o cadáver. Porque, como di un dospersonaxes, o morto parou, mais a vida segue adiante. «Soamente unhavez» é unha orixinalísima novela policial de José Mondelo, diferente e trepidante, afastada dos tópicos novelescos do xénero onde abundan os policías corruptos, alcólicos e agresivos importados da literatura edo cinema americanos.